Xa estamos de volta do Nadal e dende VIbliOS seguimos empeñados en falar de libros, darvos a coñecer as lecturas que están á vosa disposición na biblioteca, algunhas dende hai tempo, outras no andel de NOVIDADES, coma os tres libros dos que falamos a continuación e que compoñen a Trilogía de Getafe, de Lorenzo SILVA. Tres historias de tres amigas, Laura, Irene e Silvia, narradas por Laura e cada unha delas protagonizada por unha das amigas.
A primeira delas, Algún día , cuando pueda llevarte a Varsovia, está protagonizada por Laura e por André, un novo veciño rumano , que nos relatará a través de Laura unha interesante historia de secuestros de barcos e tráfico de armas na Europa do Leste e a obriga de emigrar a un país, España, onde ser rumano non é unha boa carta de presentación

Na segunda historia, El corazón del desierto, a protagonista é Irene, a rapaza máis lista da clase e quizais do instituto, cunhas notas extraordinarias que, incomprensiblemente pasa a non mostrar interese polos estudos e suspender varias materias. Todo comeza cando coñece a Orens, un novo alumno, solitario e corrosivo, amante do cine e sobre todo da beleza do deserto.
A última novela , La lluvia de París, está protagonizada por Silvia, a máis fermosa de todas, tanto que iniciará unha nova vida en París para converterse nunha estrela do cine. Trala emoción inicial comezará unha nova etapa de decepción que a obrigará a medrar e regresar a Getafe.
As tres historias son moi envolventes e as tres as podes atopar na biblioteca.
Por certo, sabes que a filla do autor, LAURA SILVA, con só dez anos vén de publicar o seu primeiro libro El videojuego al revés, Ed. La brújula, xunto co seu pai ? Debe ser certo iso de que de caste lle vén ao galgo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario