Tamén dende a biblioteca conmemoramos o Día da Paz, propoñéndovos unha serie de actividades que iremos poñendo en marcha durante a última semana de xaneiro e a primeira de febreiro.
De feito, xa está colgada a exposición "Galicia Solidariedade", cedida pola organización Gálix, con debuxos de importantes ilustradores galegos e cadanseu texto dun escritor famoso. Ao longo destas semanas baixaredes dende as titorías para realizar as actividades que vos propoñemos. Disfrutádea, realmente paga a pena.
Tamén están expostos os libros de literatura que abordan a temática do "conflito". Pasade pola biblioteca e botádelles un vistazo. Podedes levar os folletos informativos que preparamos e que están á vosa disposición. Tamén os podedes visualizar dende este blog en "recomendacións".
O venres 29 de xaneiro, a última hora proxectaremos unhas curtas vos han gustar, son as seguintes:
Estade atentos ao calendario de actividades e dende VIbliOS irémosvos informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario