
Moitas veces se unen literatura e cine e os resultados son do máis dispares, pero poucas veces a película supera o texto literario, ou esa é a nosa opinión. Aínda así, sempre nos alegramos de que os libros que nos gustan sexan levados á gran pantalla, porque nos dan unha perspectiva nova.
Acabamos de enteirarnos da intención de
Martin SCORSESE de levar a obra,
La invención de Hugo Cabret, ao cine, e ademais en 3D. Como en
VIbliOS temos unha especial predilección por este libro, estamos contentos de que un director coma SCORSESE vaia facer unha película a partir del, e estaremos moi pendentes, aínda que sabemos de antemán que nada pode superar o pracer de pasar as páxinas dun libro coma este, e desfrutar en cada unha delas do texto e da ilustración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario