O venres 26 proxectarase na biblioteca "A música en A banda sen futuro", na que Óscar, o noso profesor de música e integrante do Club de Lectura, nos aproximará aos grupos musicais que aparecen mencionados no libro e que tanto interesan a Carlota, a protagonista. Informarémonos sobre grupos estranxeiros, pero tamén da tan famosa "Movida madrileña" e a máis próxima a nós "Movida viguesa". Poderemos coñecer a Poch, o confidente de Carlota, líder de Derribos Arias, que aparece arriba na imaxe e que poderemos clicar para ver actuando.
Será moi interesante para todos, non só para os lectores do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario