
Ao longo destes días foron chegando á biblioteca libros novos, que estarán expostos no andel de novidades en canto remate a exposición de prensa. Algúns deles foron solicitados por vós coma o manga en galego Bícame profe! 2 e Bícame profe! 3 que levades tanto tempo insistindo para que volos trouxeramos.Tamén chegaron a 2ª e 3ª parte de Os Megatoxos, de Anxo Fariña, que teñen un clube de seguidores ,especialmente entre o alumnado de 1º.
Outros libros foron seleccionados dende a biblioteca, porque pensamos que vos ían gustar e que sería interesante que vos achegásedes a eles. Son destes dos que vos imos falar:La escalera prohibida de Padma VENKATRAMAN, autora india e residente en EE.UU. que chegou a publicar máis de 20 libros de literatura xuvenil, con diferentes temáticas, a pesar da súa curta idade. Neste conta a historia de Vidya, unha adolescente cunha vida apacible e que soña con ir á universidade. Pero, a causa dunha traxedia ten que ir á casa dos seus tíos paternos, que non admiten que as mozas e os mozos teñan os mesmos dereitos. Raman, un mozo que coñece Vidya, axudaralle a que o mundo sexa un pouco máis agradable, acompañándoa máis alá da escaleira prohibida.
Non nos digades que non vos entran ganas de lelo!!! VEÑA, espera por vós na biblioteca.
O outro (ou outros, porque se trata dunha triloxía) que vos queremos recomendar é La ira del fuego, de Henning MANKELL, autor sueco do que xa temos falado en VIbliOS. Esta vez a través dos tres libros, El secreto de fuego, Jugar con fuego e La ira del fuego, Mankell cóntanos a historia real de Sofía, dende que a coñece, sendo só unha nena, ata pasados doce anos. Sofía vive nun dos países máis pobres do planeta, Mozambique, onde se fai maior no medio da guerra, a corrupción, a pobreza e a enfermidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario