
Esta obra conta a historia de Miguel, que despois de deixar tres asignaturas pendentes para setembro, é mandado polos seus pais a Grandal, a aldea na que viven os seus avós, para que viva alí todo o verán e se adique a estudar. Alí coñece a Ana, a neta duns amigos dos seus avós, e comezan a ser amigos. Despois de que o seu avó lle contase que o anterior propietario daquela casa era un pastor de ovellas chamado Leonel que marchara de súpeto un día sen dIcir nada a ninguén, Miguel atopa un texto escrito nun lugar oculto do seu escritorio. Entón, Miguel e Ana comezan a buscar máis información sobre ese tal Leonel, e mais historia escritas por el. Encontran dúas historias máis, que xuntas forman unha historia sobre o pasado, unha sobre o presente, e outra sobre o futuro, e parecen escritas á propósito, xa que dan a sensación de que están escritas para que eles dous se coñezan. Así, entre misterios e días de verán, os dous amigos rematan namorándose, e comezan a saír xuntos. Pero chega o día en que Miguel ten que voltar para a cidade, para á súa casa. A noite antes de marchar, Miguel ten un soño un pouco estraño, no que descobre que Leonel é, en realidade o seu avó Duarte. Coa resolución final do gran misterio de Leonel, e o recordo do verán do seu primeiro amor de verdade, Miguel colle o tren que o levará de volta para a cidade, non sen a promesa de voltar a Grandal o próximo Nadal.
Este libro pareceume moi interesante, o tipo de libro que te incita a lelo ata o final, xa que doutra maneira non podes descubrir a solución do misterio a redor do que xira a historia. Ademais, o autor consegue que non nos poidamos imaxinar este final ata telo lido, xa que mantén a intriga en todo momento.Gustoume tamén como mestura o que vai ocorrendo no verán e as historias do pasado que o seu avó lle conta a Miguel, historias sobre tempos peores, moi diferentes aos que agora vivimos.Tamén me gustou a forma do autor de falar sobre o amor, a forma de describilo; e a historia misma de amor que viven o protagonista, Miguel, e a súa amiga Ana, aínda que remate coa marcha de Miguel. Leonel é un libro moi interesante e intrigante, que persoalmente me gustou moito e reconmendaría a todos os que quixeran que o leran.
ANDREA MÉNDEZ CORES 3ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario