8.11.11

Os Vios-bardos de 3º xa están aquí...


Hoxe tivemos a nosa primeira reunión cos Vios-bardos de 3º. Xuntámonos para falar do libro de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de Malvas. Á hora acordada, todos estabamos alí, con ganas de pasar un momento agradable falando de literatura e pintura e, tamén hai que dicilo, aproveitando a hora da parva. Non houbo esta vez unanimidade con respecto á novela: os lectores estabamos divididos, ou ben apaixonados co relato ou ben bastante desinteresados. Os que a defendían valoraban o ben escrita que está, o conmovedora que resulta, o interese que desperta no lector a relación que se establece entre o mozo e Vincent, a perfecta mestura de ficción e realidade... Para outros, o relato carecía das doses necesarias de intriga, aventura e tensión para manter o seu interese ata o final.
Pero deu para falar! Os alumnos do grupo agradeceron tamén a actividade que desenvolveron na clase de inglés co vídeo de Starry, starry night de Don Mclean, co que se achegaron algo máis á figura do pintor holandés.
Volveremos xuntarnos pronto para falar sobre Los hijos del trueno de Fernando Lalana e José Almárcegui.

No hay comentarios:

Publicar un comentario