27.3.12

Morning Star de Xosé Miranda

Son José Corral, de 4º de ESO e quero falarvos do libro que máis me gustou de todos os que lin este ano: Morning Star de Xosé Miranda.
O libro trata dunha historia arredor de dúas gavelas no século XIX, e dun rapaciño que vive cos seus pais nunha taberna vella denominada A Disputa.

Un día chegou un bandoleiro, propietario dunha das gavelas, que lle axudou a descubrir o pasado do seu pai. Coa chegada deste personaxe, a súa nai enfermou e morreu. Despois disto, pai e fillo ingresaron nunha das gavelas e, tras unha serie de sucesos, morre o pai e o fillo acaba no cárcere. Logo casará cunha rapaciña á que lle salvara a vida.

Pareceume unha novela moi boa, unha obra apaixoante que engancha a un dende o principio ata o final. Gustoume pola súa estrutura, por como se desenvolven os acontecementos; pola contra, non me gustou moito o remate da obra, xa que, na miña opinión, pareceume un desenlace demasiado rápido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario