10.10.12

Entrar na biblioteca

Xa tardaba a primeira entrada deste curso! Queremos darvos a benvida cun vídeo de fomento da lectura realizado polo equipo da biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Escollemos este vídeo primeiro porque nos gusta moito como lles quedou e , segundo, porque coincidimos totalmente na súa visión da lectura:
Cremos na lectura como solución.
Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.
Cremos na lectura como CULTURA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario