Este ano apunteime ao club de lectura do instituto.No club lemos libros moi interesantes. Nos recreos faciamos charlas sobre eles nas que falabamos de todo o relacionado coa nosa lectura. Esta experiencia gustoume moito e penso repetir o ano que vén.
Andrea (2º ESO)
Este ano, foi a primeira vez que estiven no club de lectura e pareceume unha boa actividade, sobre todo polos libros escollidos. O que máis me gustou foi Reyes de la basura. Gustoume polo realismo e polas aventuras que viviron os personaxes. As charlas parecéronme moi entretidas porque contrastas as túas opinións coas dos teus compañeiros e aprendes cousas novas.
Anxo (2º ESO)
Este é o cuarto ano que pertenzo ao club, e por desgraza o meu último, xa que estou en 4º e marcho deste instituto. A experiencia gustoume moito e por iso quixen estar os catro anos neste club, xa que os libros suxeridos parecéronme moi bos a maioría. Por exemplo, hai dous anos disfrutei moito da lectura de 'Proxecto Amanda' e este curso o que máis me gustou foi o libro 'Nada'. Recoméndolle aos alumnos que non coñecen esta experiencia que se apunten ao club porque é moi interesante e gústanos moito participar nas reunións. Mesmo ten premio, xa que nas reunións dannos a merenda e unha vez cada curso imos de excursión a bibliotecas, a mercar libros para renovar os fondos, ao teatro, a comer fóra, etc. Apúntate, merece a pena!
Carla (4º ESO)
Os anos no meu club de lectura neste instituto foron moi bos e case sempre obtiven moi boas experiencias. Reunímonos 2 ou 3 veces por trimestre para dar as nosas opinións sobre as lecturas programadas, contrastamos as nosas opinións e disfrutamos moito mentres nos dan a merenda. O último libro que limos, 'A neta do señon Lihn' resultoume un libro moi emotivo, e creo que entre todos os que lin nos 4 anos que levo cos Viobardos, foi o que máis me gustou.
Unha experiencia que debería continuar.
Unha experiencia que debería continuar.
Sara (4º ESO)
A miña experiencia no
Club de Lectura foi moi entretida e emocionante. Lemos moitas obras,
a maioría gustáronme moito, aínda que había algunhas que non me
encantaron. O que máis me gusta do Club son as reunións. Reunímonos
dúas veces por trimestre para falar sobre os libros que lemos.
Falamos, rimos e pasámolo ben. Ademáis, ao final danos un bombón a
cada un. Tamén me gustou moito a excursión que fixemos como remate
do club. Do que estou segura é de que o ano que vén volverei a
apuntarme.
Irene (2º ESO)
O Club de Lectura foi
unha experiencia moi divertida, os libros que limos son moi
entretidos e a excursión foi moi interesante. Fomos ver unha obra de
teatro na que nos representaron unhas miniobras moi amenas. Despois
visitamos a biblioteca de Ágora e mercamos libros na FNAC. O ano que
vén vou apuntarme de novo.
Clara (2º ESO)
Levo no club de lectura dous anos e para o ano cumprirá o terceiro, posto que os libros que se propoñen son entretidos, divertidos, e con eles aprendes moito. Nas reunións dis o que pensas, opinas sobre as opinións dos teus compañeiros, sacas conclusións sobre o libro ó mesmo tempo que disfrutas da merenda. O libro que máis me gustou foi "Expedición do Pacífico", proposto pola profesora de galego, e seu contido era moi entretido. Tamén hai que falar da excursión na que cada ano facemos algo novo e
ResponderEliminarrenovamos os libros da biblioteca, ó noso gusto.A miña experiencia nel invítame ano a ano a volver.
Luisa (2º ESO)
Este foi o meu primeiro ano no Club de Lectura e pareceume unha experiencia xenial. As lecturas que nos propoñen son moi entretidas, a min gustáronme todas. Os viosbardos fixémos unha excursión a un teatro, a bliblioteca Ágora e fumos de compras o Fnac na búsqueda de novos libros para a biblioteca. En só un ano no club aprendín moito dos libros, das opinións dos meus compañeiros e das reunións en xeral. Para o ano sen dúbida penso repetir.
ResponderEliminarCristina(2ºESO)
A experiencia no Club de Lectura sempre é emocionante, descubrir os puntos de vista que ten cada persoa sobre os marabillosos libros que imos escollendo é algo que nunca me cansaría de facer. ¡Quedan moitos libros por ler e moitas opinións por compartir! Animo a todo o mundo a que se apunte ao club, porque 'ollos que len, corazón que sente'.
ResponderEliminarQue contentos quedamos!! Moitísimas grazas polos vosos comentarios. Abofé que animan a seguir!!
ResponderEliminarBicos grandes. Vémonos o próximo curso no club!