17.3.10

MIL SOLES ESPLÉNDIDOS, por Patricia 3º

Mil soles espléndidos é un libro sobre a guerra que está a ocorrer en Afganistán.
A historia ten dúas protagonistas. A primeira delas é Miriam,unha rapaza a quen aos quince anos lle morre a súa nai e cre que é pola súa culpa; o pai, un rico que non a quería como filla, xa que era un froito do seu pecado cunha criada, cásaa cun home 30 anos maior ca ela, viúvo e que perdera un fillo ao afogar nun lago cando era aínda pequeno; era un solitario que quería enxendrar un fillo fose como fose, pero despois duns 6 abortos deciden renderse.
Aí aparece Laila, a outra protagonista, unha moza de 15 anos cando Rashid, que é o marido de Miriam, a encontra tirada no chan, despois de que unha bomba acabara coa súa casa, os seus pais e o seu soño de rencontrarse co seu amado Tariq, un rapaz de 17 anos que marchara de Kabul pola guerra, xa que os seus pais estaban moi maiores para sufrila. El propuxéralle a Laiala casar con el e escapar de Kabul cos seus pais, pero Laila decide non marchar e rexeitar o seu amor para non abandonar o seu pai, que estaba moi só, pois a nai de Laila sofre unha forte depresión pola morte de dous fillos.
Rashid atópaa na súa porta, estoupada, malferida e laiandose. Lévaa a para a súa casa e decide casar con ela, pero non sabe que ela está a esperar unha filla de Tariq.
Uns anos desdpois nace o fillo lexítimo de Rashid e Laila.
Despois destes sucesos elas dúas téñense que unir para loitar contra Rashid, que era un home maltratador e posesivo.
Laila decide marchar da casa cos seus fillos e con Miriam, pero ocorre algo que lle dará a volta a todo o que planexaban.
Se queredes saber cal é ese suceso, lede o libro xa que foi o libro que máis me gustou de todos os que lin, (despois dos que lera cando era pequena e que non contiñan tristeza, só contiñan felicidade) recoméndollo a calquera parsoa que lle gusten os libros sentimentais e de guerras de sucesos que ocorren na vida real e que non se lle dá moita importancia porque a nós non nos ocorre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario