Unha vez rematada a Exposición de prensa internacional, a biblioteca volve ter o seu aspecto habitual, iso si, cada día con máis xente e cada vez máis barulleiros, todo hai que dicilo.
Pero dende a biblioteca non paramos e seguimos argallando actividades: a primeira correspóndelles aos integrantes do(s) Club(s) de lectura: por seren tan bos lectores, viren no recreo charlar connosco dos libros, estar sempre pendentes de botar unha man e ter a biblioteca tan animada (porque pasan aquí os recreos, e falan que dá xenio), por todo isto, e por seren tan especiais, témoslles preparada unha actividade para o xoves 25 de marzo: O(s) do(s) Club(s) de lectura do IES Viós saímosda biblioteca e imos á Coruña, visitaremos a FNAC, que nos gusta tanto, onde poderemos ver libros, pero tamén películas, videoxogos, escoitar música... e logo de dar unha voltiña mercaremos algúns libros para traemos á biblioteca. Logo visitaremos a biblioteca pública González Garcés, onde nos teñen preparada unha visita guiada e nos ensinarán como ser uns bos usuarios de bibliotecas. É unha boa despedida de trimestre (sobre todo antes das notas).
Ademais, para o 3º trimestre esperamos a visita de dous autores que teñen moito éxito entre os asiduos da biblioteca: Anxo Fariña, o día 15 de abril virá falar co alumnado do 1º curso sobre Os Megatoxos, e Marilar Aleixandre, que falará dos seus libros que tan boa acollida teñen, non só entre os lectores do Club, senón tamén entre o resto do alumnado.
E aínda quedan máis sorpresas das que vos iremos informando pouco a pouco.
Seguide visitándonos na biblioteca, estámosvos esperando!

No hay comentarios:
Publicar un comentario