19.12.11

O club da calceta, de María Reimóndez

A novela conta a historia de seis superheroínas que acoden a un club de calceta, grazas a aficción que compartían comezan a coñecerse.A través dunha actividade tan tradicional como é a calceta, estas mulleres (Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda) conseguen encontrar a unión e a forza necesaria para superar xuntas os seus problemas ,e tamén revivir xuntas a historia da tía Davinia.
Trátase dunha novela que intenta mentalizar ao lector de que non cambiamos tanto nun século, que aínda segue a haber mulleres de todo tipo, tanto amas de casa, coma mulleres que funcionen como sustento familiar, etc.

Na miña opinión persoal, é unha novela moi entretida porque ten intriga e tamén aspectos cotiáns, pero non é unha das miñas novelas preferidas, xa que é un pouco dificil de entender, e nalgúns anacos é pouco amena, pero despois de collerlle o fío, resulta o entretrida suficiente como para dedicarlle un tempo.

PATRICIA LOUREDA ABUELO (4º ESO)

1 comentario:

  1. Patri, eu tamén fixen unha "lectura" parecida á túa! Graciñas por dedicarlle un tempo tamén a esta recensión.

    ResponderEliminar