Hai uns días que lin Futuro Imperfecto. Pareceume unha novela de amor ben bonita! En realidade, non é exactamente unha novela, é unha historia de amor que segue viva , unha autobiografía, unhas memorias... non sei en que xénero da literatura encadrala.
Reflicte un tempo, que coincide coa miña xuventude, onde tantos estragos fixeron o problema da drogodependencia máis a aparición da enfermidade da SIDA. Todos tivemos algunha persoa cercana que a sufriu. Sabemos do que fala Xulia e creo que pretende facer pedagoxía tratando un tema que segue estando, desafortunadamente, de actualidade.
Por outra parte, paréceme fermoso, e valente a un tempo, facer pública a intimidade da súa historia de amor. Gústame moito, tamén, a maneira que ten de retratar o rural galego dos seus ancestros.
As miñas felicitacións para a escritora!
Pilar Suárez
Grazas, Pilar pola túa xenerosa ( e interesante!) colaboración.
ResponderEliminarDecidido! Vou comezar a ler "Futuro Imperfecto". En Viós, mires onde mires hai alguén co libro nas mans.
ResponderEliminarPilar, alegrame que o final leses Futuro Imperfecto! Como ben dis, é unha historia impactante, porque ocorreu de verdade!
ResponderEliminarUn bico enorme dunha alumna do ano pasado! Recordos!