Este libro trata dun neno que vive en Madrid, pero que por uns problemas familiares pasa o seu verán en Santander, na casa das súas curmás e os seus tíos. Alí espérao un verán cheo de aventuras, pero el aínda non é consciente diso. Aparecéuselle unha pantasma, aprendeu moitas cousas grazas ao seu tío, o home que chegou á lúa e o protagonista viviu un bonito romance. Eva Mallón.
O libro encantoume; enganchoume desde o principio ata o final. Pode deberse á súa intriga, xa que os personaxes van atopando pistas ata que ao final resolven o misterio. O que máis me gustou foi como a relación de Violeta e Javier, os dous protagonistas, pasou de odio a amor.
Dos libros que lin, foi un dos máis bonitos, xa que transmite distintos tipos de emoción: amor, medo, amizade, aventura... Encantoume, e por iso quero recomendarllo a todos os rapaces e rapazas da miña idade. Tania Amor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario