Hai libros moi longos e outros moi curtos que se fan moi pesados. No entanto, Nada é un libro pequeniño pero cun grande significado. Plantéxanos moitas preguntas que van a estar presentes nalgúns momentos da nosa vida e que nos van axudar a sacar diversas conclusións. A autora, Jane Teller, fai que reflexionemos acerca destas cuestións ao longo da novela.
Eu paseino moi ben coa lectura deste libro. É o tipo de libro que non podes deixar de ler porque tes a necesidade de saber o que ocorre cada vez que pasas a páxina. Fascinoume o tola que se pode volver a xente buscando algo que non van atopar, polo simple feito de non querer asumir a verdade. Pierre Anthon, o protagonista, ten parte de razón: a vida, por si soa, non ten ningún sentido, pero nós temos que buscalo. E diso trata porque, como di a autora "quizais non teñas as respostas a todo, pero non importa porque, ¿non é a vida máis fantástica polo feito de non saber por que nin para que estamos aquí?".
No hay comentarios:
Publicar un comentario