Se algún lector do IES de Viós non sabe que libro escoller, eu suxírolle "Reyes de la Basura", de Andy Mulligan. É unha novela moi entretida, de aventuras e á vez realista. Conta a vida duns rapaces que viven nun vertedoiro de Manila, e atopan algo moi valioso... Se queres saber como segue a historia, colle o libro na Biblioteca. Neste libro non hai ningún momento para aburrirse e, aínda que queiras parar de ler, non podes soltalo. Por todas estas cousas, eu penso que vos vai gustar. Anxo Barros Vázquez.
8.11.12
Reyes de la Basura, por Anxo e Cristina (2º ESO)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario