A reunión do venres pasado con Xulia Alonso, a autora de Futuro Imperfecto foi realmente emotiva, achegounos moito a ela e á súa historia.
Xulia conseguiu emocionarnos coas súas palabras sinceras e chegar ao noso corazón. Pensamos que é unha muller encantadora, loitadora e digna de admiración.
Agradecémoslle a súa xenerosidade por compartir connosco a súa vida , incluídos algúns erros de xuventude para que nós non os cometamos.
Grazas, Xulia, por regalarnos un anaco da túa experiencia vital e os teus consellos que, sen dúbida, nos axudarán a entender mellor a vida.
A reunión foi un complemento PERFECTO para a lectura do libro, e para entender o seu final.
Esperamos ter oportunidade de volver charlar contigo; agardámoste cos brazos abertos!
Os Viós-bardos de 3º
Non me podo creer que fora Xulia Alonso e eu non me enterara! Que envídia, canto daría por seguir aínda en Viós!
ResponderEliminar