Palabras envelenadas conta a historia de Bárbara, unha moza de 15 anos á que lle gusta saír coas súas amigas, sair cos mozos... aos ollos dos demáis é unha adolescente normal. Pero non é así. A súa nai dáse conta de que a rapaza ten moitos cambios no seu comportamento, de que a evita, de que se autolesiona... pero ela non actúa ante todo isto.
Un día Bárbara desaparece e acaban dándoa por morta. A súa nai , agora, cúlpase por non facerlle o caso que se merecía.
Un día Bárbara desaparece e acaban dándoa por morta. A súa nai , agora, cúlpase por non facerlle o caso que se merecía.
É entón cando Salvador Lozano, o inspector encargado do caso, no seu último día de traballo antes da xubilación, se pregunta se realmente Bárbara está morta. Quen será o culpable da desaparición de Bárbara? Será vítima de abusos sexuais? Estará secuestrada?
Esta novela é unha clara denuncia do abuso infantil, algo que- desgraciadamente- estamos bastante afeitos a escoitar nos medios de comunicación.
É unha lectura intrigante que merece a pena, ainda que algunhas partes non son moi agradables, nin pracenteiras.
Animádevos a ler Palabras envelenadas. Non vos defraudará !
No hay comentarios:
Publicar un comentario